A Nosa clase

José Carlos Casales nos presenta el blog A Nosa clase para la categoría de blogs de Profesores y Profesoras.

Ola, chámome José Carlos Casales Regueiro e quería presentarvos meu blog : http://www.anosaclase.blogspot.com/ , na categoría de blogs de profesores/as.
A mellor descrición é un Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil con 23 nenos e nenas no colexio Ponte dos Brozos situado en Arteixo (A Coruña).
A idea do blog naceu pola necesidade de contar ó colectivo de pais/nais da clase, o que acontecía na aula, ademais tamén pretendía comparti-lo con outros/as compañeiros/as. Este tipo de comunicación, que tamén se podería facer a través de reunións ou tutorías, aporta a maiores da información oral ou escrita, a visual (vídeos, fotos) e a sonora ( podcast). Non houbo, nin hai, guión, é un ir andando , un ir experimentando ou probando. O único claro é que a experiencia debe durar os tres anos do ciclo, de tal xeito que se converta nun ?libro multimedia e interactivo? desta etapa. Compleméntase o blog coa miña páxina web onde os/as pais/nais, nenos e nenas teñen a posibilidade de acceder as actividades multimedia que fagamos este ano, así coma as elaboradas nos anteriores.
Co blog non busco aportar recursos, nin actividades, só amosar o noso traballo, que pasa dentro da aula , que facemos , que aprenden ou que van aprender, que contan os nenos e as nenas. Á hora de valora-la participación deberiamos ter en conta cara a quén vai dirixido, primordialmente,(pais/nais dos meus alumnos/alumnas) e os problemas de acceso a rede que teñen.(hai xente que imprime o blog para compartilo con outros pais/nais), así como a novidade que todo isto supón para eles/elas.A pesares destes atrancos houbo intercambios de opinións e discrepancias que nos permitiron a todos/as aprender.

Nota: La propuesta de esta candidatura ha llegado dentro del plazo establecido, el retraso en su publicación ha sido debido a problemas técnicos.

Deja tu comentario

Trackback URI | Comments RSS