Congresos e visitas
Publicado por Espiral el 25 Abr 2007 | Categorías: Candidaturas, Menciones
Fernando Moreno nos presenta su blog Congresos e visitas para la categoría de Menciones.
Ola a todos e a todas:
O Blog que presento a concurso tenta ser un resume de todas as participacións en congresos, xornadas e viaxes realizadas polos membros do Ceip Ponte dos Brozos participantes no Proxecto Ponte dos Brozos. Este proxecto naceu a iniciativa da Fundación Amancio Ortega e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, e pretende introducir a tecnoloxía nas aulas para chegar a un cambio docente.Este proxecto, no Ceip Ponte dos Brozos, implica neste curso a 58 profesores e profesoras de Educación Infantil e Primaria.
Para transmitir e compartir as experiencias que se ían adquirindo decidiuses crear un Blog para comunicar o descuberto e experimentado. Este blog empezouse coa viaxe realizada as 1º Jornades de WebQuest celebradas en marzo de 2006 en Barcelona, continúa coa participación no 3º congreso internacional de lectoescritura da Waece en Morelia. A continuación aparecen as impresións da visita realizada aos compañeiros e compañeiras do Ceip Pello Errota de Asteasu e remata, polo de agora, coas asistencia ao congreso Tecnoneet de Murcia en setembro de 2006.
Presento este blog http://brozosencongresos.blogspot.com na categoria de
menciones
Un saúdo
Fernando Moreno González
Nota: La propuesta de esta candidatura ha llegado dentro del plazo establecido, el retraso en su publicación ha sido debido a problemas técnicos.



